Asesoría Xurídica
Desde a Asesoría Xurídica de CECE lévase a cabo unha ampla actividade en distintos ámbitos que afectan á propia Organización, así como aos seus centros integrados.
Tanto a firma dos distintos convenios de ensino privado como o asesoramento persoal e telefónico aos centros asociados, conforman o 90% da actividade deste departamento.
Desde esta Asesoría Xurídica séguense diariamente a publicación no BOE das distintas normas e convocatorias de subvencións ou axudas que poidan interesar aos asociados, así como as publicacións dalgúns Boletíns autonómicos.
Mantense o seguimento dos distintos acordos que se realicen nas distintas Comunidades e Cidades Autónomas.
Leva a cabo actuacións ante as diversas instancias xudiciais, desde Xulgados do Social ao Tribunal Supremo, pasando por Tribunais Superiores de Xustiza e a Audiencia Nacional.