Se adjunta Aclaración enviada por la Subdirección Xeral de Centros y documento de referencia.
«Os destinatarios das axudas, aos que tamén se informa mediante correo electrónico, son os centros concertados de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de formación profesional, excluíndose os centros específicos e os que conten con unidades concertadas de educación especial. O prazo de solicitudes será de 1 mes contado desde o seguinte día ao da publicación da orde no DOG.
Sinalar que se advertiu un erro na publicación da devandita convocatoria, consistente na omisión do anexo de solicitudes, polo que en breve se procederá a súa corrección.
O prazo de solicitudes empezará a computarse de novo a partir da data na que se publique no DOG a orde pola que se corrixe o erro sinalado. Atentamente, Subdirección Xeral de Centros»
AnuncioG0164-180814-0003_gl