Porque en CECE-Galicia traballamos por un futuro mellor para as persoas a través dun óptimo modelo asociativo, referente dentro da educación privada, contribuíndo na medida do posible, a mellorar a sociedade na que vivimos.
Calidade, innovación, atención e coidado foron sempre os alicerces básicos que nos caracterizaron. Algo que só foi posible grazas á vocación dos que dan a vida por coidar a dos demais e a un sistema educativo, sen ánimo de lucro, que reinviste os beneficios na mellora do equipo técnico e humano a través dunha constante modernización da nosa asociación e unha continua formación de cada un dos nosos profesionais.
Desde aquí convídovos a navegar pola web de CECE-Galicia e coñecer máis a fondo esta gran familia, onde todos, formamos parte dun mesmo compromiso: mellorar a calidade de vida, a través da educación. Ademais, anímovos a que descubrades por vós mesmos todas as solucións que ofrecemos, así como diferentes proxectos que, con orgullo, estamos a liderar: actividades de formación e campañas de sensibilización dirixidas a mellorar o estilo de vida entre os cidadáns.