
Actividad que se realizará el próximo 7 de febrero y que puede ser de interés para su centro con el fin de conmemorar el día de la mujer y la niña en la ciencia.
O 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, iniciativa á que nos sumamos en colaboración coa Fundación San Rafael e as distintas persoas e organizacións participantes co obxectivo de visibilizar e revalorizar o traballo das mulleres investigadoras e fomentar a vocación científica nas nenas.
Neste 2025, propoñémosvos asistir a unha conversa-coloquio na que contaremos con relevantes mulleres de ciencia en distintos ámbitos e futuras promesas que compartirán con nós a súa traxectoria, experiencia, decisións tomadas, motivacións, cambios…
A xornada terá lugar o 7 de febreiro de 11:00 a 12:30 de xeito presencial (na nosa sede) e virtual e contaremos con:
- Angélica Figueroa ‖ Bióloga, responsable do grupo Plasticidade Epitelial e Metástasis do Instituto de Investigación Biomédica (Inibic) do Chuac
- María Moreno ‖ CEO de Greenalia Power Spain
- Natalia Barreiro ‖ Directora do Complexo Industrial A Coruña Repsol
Tanto para a asistencia presencial como virtual requírese inscrición previa na nosa web.